O Pedregal de Irimia está situado na Serra de Meira, a escasos kilómetros da vila de Meira e a 34 km de Lugo. É o lugar onde manan as primeiras fontes do Miño, augas que van dar á lagoa de Fonmiñá na Pastoriza.













Nacemento.
O Pedregal de Irimia está situado na Serra de Meira, a escasos kilómetros da vila de Meira e a 34 km de Lugo. É o lugar onde manan as primeiras fontes do Miño, augas que van dar á lagoa de Fonmiñá na Pastoriza.













Este conxunto arqueolóxico clave para estudar e coñecer a evolución da Cultura Castrexa na etapa galaico-románica está situado no concello de Castro de Rei, provincia de Lugo, a 23 km. da capital lucense. Chégase a él dende o km. 70 da estrada N-640 (que une Lugo con Asturias pola Veiga do Eo). O xacemento é un verdadeiro modelo formal de castro característico do Noroeste, con varias murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou antecroas, conformando aterrazamentos, e unha ampla croa ou acrópole ou coroa central.
Primaveras silvestres á esquerda e varias "leiterenas" (Euphorbia helioscopia) á dereita, segundo puiden averiguar, porque nunca antes vira esta planta!
Outra fotografía de leiterenas.
Árbores ao internarse na ínsua.
Beira oposta do río dando a volta á ínsua.
Planta que tampouco vira antes, se alguén sabe o nome, que mo comunique!
Outra fotografía da planta incógnita.
Remuíño.
Peixes saltando no río.
Fento equilibrista na póla dunha árbore.
A ponte colgante dende a ínsua, onde se pode ver o cartel onde se lé a mensaxe "Non abalar, a ponte é para todos".
Merendeiro.
Refuxio de pescadores.