(Click no croquis para velo máis grande)
A Ínsua de Seivane, situada en Outeiro de Rei, entre Gondai e Martul, tamén é coñecida como a "Illa da Ponte Colgante".
De 2,5 km de perímetro, constitúe un paraxe sen igual, xa que ao estar tan illada durante a súa historia conserva moitas características que noutros lugares se foron perdendo.
Carballos, amieiros, acivros... son, entre outras especies animais e vexetais, os afortunados e exclusivos poboadores da illa.
Fotografías:
Ponte Colgante de cara á ínsua.

Ponte colgante dende a ínsua.

Beira do río dando a volta á ínsua.

Primaveras silvestres á esquerda e varias "leiterenas" (
Euphorbia helioscopia) á dereita, segundo puiden averiguar, porque nunca antes vira esta planta!

Outra fotografía de leiterenas.

Árbores ao internarse na ínsua.

Beira oposta do río dando a volta á ínsua.

Planta que tampouco vira antes, se alguén sabe o nome, que mo comunique!

Outra fotografía da planta incógnita.

Remuíño.

Peixes saltando no río.

Fento equilibrista na póla dunha árbore.

A ponte colgante dende a ínsua, onde se pode ver o cartel onde se lé a mensaxe "Non abalar, a ponte é para todos".

Merendeiro.

Refuxio de pescadores.
Videos:
NOTA: Croquis e algúns datos obtidos de
Lugonet.
2 comentarios:
Moitas grazas polo plano. Eu non teño coche, pero intenteir ir varias veces con algunha xente e nunca souben explicar cómo chegar.
Nós, chegado un momento tivemos que preguntar, porque os 3,3km que indica o mapa facíansenos moi longos, e pensabamos que estabamos perdidos :). Pero o único que hai que facer é ter paciencia e chegar a un cartel. Un saúdo, Lau.
Publicar un comentario